PARDO DE CELA



pardo de cela


A LENDA DO MARISCAL

O Mariscal D. Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira naceu en Betanzos no ano 1425. Señor das terras de Mondoñedo polo ano 1473, loitou á fronte da revolta dos "irmandiños" contra o poder dos Reis Católicos e contra a autoridade do Bispo de Mondoñedo.

Refuxiouse no Castelo que tiña no alto do Monte da Frouseira e, despois de ser asediado polas tropas inimigas capitaneadas por Mudarra, foi preso o 4 de Decembro de 1483 grazas á traizón dalgúns dos seus criados.

Tras a súa captura Pardo de Cela e o seu fillo de 22 anos foron conducidos a Mondoñedo para ser axusticiados. A súa filla e a muller viaxaron a Castela para pedir clemencia aos Reis e, segundo conta a lenda, cando regresaban co indulto foron entretidas por uns clérigos na Ponte de Ruzos, á entrada da cidade.

Mentres, na Praza da Catedral, o Mariscal e o seu fillo eran entregados ao verdugo que lles cortaba a cabeza o 17 de Decembro de 1483. A lenda di que a cabeza do Mariscal rodou pola praza ata a porta da Catedral dicindo: "Credo, credo, credo".

Desde entón na cidade a Ponte coñécese como "Ponte do Pasatempo". Os restos de Pardo de Cela e do seu fillo na actualidade descansan na Capela Maior da Catedral.




PONTE DE RUZOS OU DO PASATEMPO

ponte do pasatempo



VOLVER Á PÁXINA ANTERIOR