O REI CINTOLO



cova do rei cintolo


A Cova do Rei Cintolo atópase cerca do lugar de Sopena, na parroquia mindoniense de Argomoso. Con máis de cinco kilómetros de lonxitude é a cova máis grande de Galicia. Dentro pódense contemplar fermosas zonas con estalactitas e estalagmitas e un río subterráneo a 40 metros de profundidade.





cova do rei cintolo


LENDA:


Fai moitos, moitos anos existía un Rei chamado Cintolo que tiña o seu castelo no lugar de Bría, na actualidade Mondoñedo.

Este Rei era o pai de Xila, unha fermosa moza pretendida por nobres doutras terras do Norte, pero no corazón da princesa só había sitio para Uxío, un xoven e bondadoso conde.

Un día chegou á cidade acompañado do seu sequito un vello mago, Manilán, Gran Señor e Rei das terras do Ouro. As súas tropas acamparon na Praza de Bría e informaron o Rei Cintolo que Manilán viña para casar con Xila e que no caso de ser rexeitada a súa petición isto sería tomado como unha ofensa persoal e as súas hostes arrasarían o reino.

Uxío ofreceuse voluntario para salvar á cidade e retou a duelo ao Rei Manilán pero este, como sabía que no combate levaba todas as de perder contra o xoven conde, recorreu á maxia e axudado por outros magos invocaron ás forzas do mal.

Un enorme trono fixo tremer toda a terra de Bría, a cidade caeu destruída pola maxia e o terror apoderouse das xentes e dos animais. Uxío entre a confusión chegou até o Rei Manilán e atravesouno coa súa espada, pero cando volvía camiño do castelo ollou que ali non había nada, só unha enorme Cova, entrou nela para buscar á súa amada Xila pero só atopou unhas columnas de pedra e auga correndo polo chan.

Contan que a fermosa princesa algúns días ao amencer senta na entrada da Cova e arranxa os seus cabelos cun peite de ouro esperando a que algún valente xoven atope a maneira de desencantala desfacendo asi o feitizo de Manilán.







A COVA DO REI CINTOLO

Publicación realizada polo gran debuxante ribadense Suso Peña no ano 1981


suso peña 01

suso peña 02

suso peña 03

suso peña 04

suso peña 05

suso peña 06

suso peña 07

suso peña 08





VOLVER Á PÁXINA ANTERIOR