BREOGÁN



breogan


Breogán é o nome dun mítico rei celta da Galiza, segundo as tradicións irlandesas recollidas nunha compilación do século XI Lebor Gabála Érenn, el "Libro de Conquistas", que narra as diversas invasións que sufríu a illa.

Segundo esta lenda, o rei Breogán construíu na cidade de Brigantia, situada na Península Ibérica, unha torre de altura tal que os seus fillos, Ith e Bile, podían ver unha distante beira verde desde a súa cima.

A visión desa afastada terra levounos cara ao norte ata Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán e sobrino de Ith, navegaron desde Brigantia a Irlanda e conquistárona.

Os monxes irlandeses do século XI que efectuaron a compilación relacionaron a Brigantia de Breogán coa cidade galaica de Brigantium, a actual Betanzos.

No século XIX, o mito foi difundido por historiadores románticos galegos, que chegaron ata a identificar a torre de Breogán coa torre de Hércules da Coruña. Do mesmo xeito, Breogán é representado como o pai mitológico do pobo galego.



OS CELTAS



celtas


Debido á conquista do sur de Inglaterra por parte dos anglosaxóns os celtas bretóns víronse na obriga de atopar novas terras. Baixo o mando do Bispo Maeloc unha parte viñeron parar á costa galega traendo con eles as súas costumes e o seu estilo de vida.





VOLVER Á PÁXINA ANTERIOR