OS CAIMÁNS: O caimán é unha especie de réptil carnívoro que se pode atopar nos ríos de agua doce e nos pantanos nalgunhas zonas de Centroamérica e de Africa, pero o que a xente non sabe é que estes bichos tamén se agochan polas Terras de Miranda.
CLUB DE VAGOS: ¡Qué tempos aqueles!... As xuntanzas nas escaleiras do cantón pequeno, as tertulias na rúa, os torneos de fútbol-sala, os guateques, as festas, as queimadas.
FOT-CHOMÓN: Unha galería con todas aquelas fotos que temos no noso arquivo Anxo e máis eu clasificadas como curiosas por ter algo especial.
ANXO EN PARÍS: Viaxe cultural a París do 8 ó 13 de Marzo do 2008.
TENIS DE MESA: Desde aquelas primeiras partidas, no local da O.J.E. ou na sala de xogos de Florentino, ata hoxe o ping-pong ou tenis de mesa sempre foi un deporte que me fascinou.
SEMANA SANTA: Cando chega o tempo da Semana Santa comezan os ensaios da Banda da Orden Terceira na Capela da Alcántara. Dirixidos por Keno as cornetas e os tambores fan tremer as rúas acompañando as solemnes procesións que se celebran na cidade episcopal.
SAHARA: Fai catro anos que chegou Batal á nosa casa para pasar os dous meses do programa Vacacións en Paz. Grazas a Miguel e Victor, e á súa reportaxe fotográfica da viaxe que fixeron por aquelas terras do Norte de África, coñecemos algo mais acerca da forma de vida do pobo saharauí desde que aló polo ano 1975 se refuxiaran no deserto. As imaxes falan por si mesmas, sobran os comentarios.
MEDIEVAL: A mediados de Agosto Mondoñedo volve atrás no tempo e celebra o Mercado Medieval. Aquí podedes ver algunhas fotos dos últimos anos.
O FOLEÓN: A primeiros do mes de Xullo xa podemos ver a Anxo na compaña da súa avoa xuntando nos coeiros para o Foleón do Couto onde cada ano nos xuntamos para facer unha churrascada e ollar como voan as meigas polo ar despois de prenderlle lume.
HERÁLDICA: As rúas e prazas de Mondoñedo están cheas de escudos, hai escudos nas fachadas das casas, nas igrexas, nas fontes... Unha cousa que me apetecía xa hai tempo era retratar a maior parte deles e facer unha colección.