Os Caimáns celebraron a súa Primeira Xuntanza nas San Lucas do ano 1996. Desde aquel tempo, e ata hoxe, cando chega o tempo das feiras saen das súas guaridas pola noite para encher as rúas da cidade co seu doce canto. Despois dun bo xantar as notas do seu anxelical himno brotan das súas gorxas, molladas polo Barrantes, para perderse na estrelada noite de Outono. Este ano 2008, cando chegue o tempo da nova Xuntanza, a lúa chea brillará no ceo e será testigo dunha nova xeira, gardando ben o segredo de todo o que nesa festeira noite aconteza.
1 - O ENCONTRO:
Este é o comezo da Xuntanza, o encontro dos caimáns que, despois dun longo periodo de tempo sen ollar a lus da lúa, veñen dispostos a vagar de novo polas rúas da cidade. Ninguén sabe onde será a próxima Xuntanza, naide se pode imaxinar onde terá lugar, so os Caimáns serán coñecedores no seu momento do mais gardado segredo, so os Caimáns serán capaces de descifrar o xeroglífico onde se agocha o código...
2 - O LICOR SAGRADO:
Despois do Encontro dará comezo unha nova etapa, os caimáns partirán en busca do Grial dos Novos Tempos. Camiñarán sen descanso percorrendo tódalas "covas" onde se atopan os máis prestixiosos licores ata atopar o Licor Sagrado...
3 - O CALEXÓN DAS TEBRAS:
Tras un longo camiño chegarán ao Calexón das Tebras. Alí, como é costume en tódalas xuntanzas, chegará o tempo de coller folgos e abrir as "espichas" para deixar fluir o líquido que loita por saír dos seus viscosos corpos...
4 - A COVA DO BARRANTES:
Deixando atrás o "río" do Calexón os Caimáns seguen na percura do Grial ata chegar ó lugar onde os agarda o Chamán, o gran "Druida das Orellas"... Será alí na misteriosa e tenebrosa "Cova do Barrantes" onde empaparán as súas gorxas coa brevaxe máxica do "Chamán" que lles dará forza para continuar a xeira...
5 - O TOLDO DAS ROSQUIÑAS:
Os Caimáns, fieles ás tradicións, terán que recoller no Toldo a "Vara das Rosquiñas" que lles traguerá a sorte na busca do Licor Sagrado, e deberán custodialas ata o remate da Enchedoira, pois senón xamáis atoparán o camiño de volta ó seu lugar...
6 - O CASTELO DA ROCHELA:
Coas Rosquiñas xa no seu poder os Caimáns dirixiránse con sixilo ata o castelo onde terá lugar o momento máis importante da Xuntanza: "O Castelo da Rochela". A Raíña que alí habita ofrecerálles todo tipo de manxares dos que disfrutarán ata quedar fartos...
7 - O HIMNO DOS CAIMÁNS:
Pra rematar o xantar, coma de costume, os Caimáns afinarán as súas gorxas e procederán con solemnidade a entonar a dúas voces (ou a tres) o seu canto estrela: "O Himno"...
8 - O ARTILUXIO ENCANTADO:
Xa de volta do castelo un dos fillos da Deusa África apareceráselles no medio do camiño para mostrárlles o seu cofre cheo de obxetos máxicos. Os Caimáns terán que escoller un deles... ese será o talismán, o amuleto da nova Xuntanza: "O Artiluxio Encantado"...