O SON DUNHA GAITA Á BEIRA DO MASMA: Este traballo é unha escolma das miñas partituras para gaita e con cada unha vai adxunto un anaco do meu mundo.
A MÚSICA EN MONDOÑEDO: Feito en colaboración con Andrés García Doural, que fixo un fantástico traballo de recolleita de información por tódolos recunchos da bisbarra sen o cal sería imposible facer este libro. É unha pequena historia da nosa cidade a través da música cunha morea de fotografías que de verdade merece a pena ver.
MANUAL DE AFINACIÓN PARA GAITA: Este é un pequeno traballo donde recollo algúns consellos para que todos aqueles que comezan a ter contacto co noso instrumento por excelencia aprendan o que teñen que facer para telo ben afinado.