OS MEUS POEMAS

VARIOS




LONXE

Cando vexas que a noite, ó camiñar
te envolve no seu manto:
lémbrate de min.

Cando vexas que o ceo no amencer
perdeu o seu encanto:
lémbrate de min.

Cando vexas ó xoglar pola rúa
entonar un triste canto:
lémbrate de min.

Cando vexas que o longo inverno
recubre as pedras de pranto:
lémbrate de min.

...
que eu me lembrarei de ti
porque te quero tanto.




NO AREAL

Nun rinconciño da praia
unha noite de luar
dous corazóns magoados,
dous corazóns cara ao mar.

Amarrados con cadeas
na beiriña do areal,
soños de leda tenrura,
doce anceio de voar...




GUITARRA

Guitarra:
Máxia que me envolve,
soño de liberdade,
ledicia en LA maior
en DO menor saudade,
contígo sinto amor
sen tí, soio soedade...




IMAXINO

Soio, coa pruma na man,
o cigarro no cinceiro,
a xanela aberta á noite...

Imaxino que os teus ollos
me aluman coma luceiros
e dos meus versos son fonte.




A RESPOSTA ESTÁ NO VENTO

Cántas estrelas hoxe ves brilar
no ceo de escuro luar.
Cántas vegadas quixeches fuxir
buscando soio soedá.
Tronzar cadeas, xuntar corazóns
sementar unha leda canción.

A resposta, irmán, poderala alcontrar
si escoitas o vento asubiar.

Cantos loitaron pra poder labrar
un mundo de amor e igualdá,
onde non houbera nin fame, nin medo,
nin bomba nuclear e "napalm".
Cantos poetas oiches falar
con musicais verbas de paz...

A resposta, irmán, poderala alcontrar
si escoitas o vento asubiar.

"The answer ist blowing
on the wind..." (Bob Dylan)