CANTO DE BERCE
Non chores meu ruliño
que a min peniña me das,
teu pai hoxe cediño
canda nós ha de voltar.
Vaiche traguer un peixe
moi grandiño pra cear,
e pra que durmas ledo
un conto vaiche contar.
Amarrando a súa lanchiña
diante da casiña está,
non vés que ven aí correndo,
non o escoitas asubiar.
Á nai caéndolle as bágoas
non deixaba de cantar,
ela sabía, de certo,
que xamáis había voltar.
I o seu corazón ferido
cheo de mágoa e soedá
viviría para sempre
no fondo do bravo mar.
Non chores meu ruliño
que teu pai deitado está
chegou moi cansadiño,
ai, de tanto navegar.
Acouga caladiño
que mañán vaite levar
con él na súa lanchiña
cando empece a alborexar.
I á nai caéndolle as bágoas
non deixaba de cantar...
NO MAIO DO 98
Vimos a cantálo Maio, vimos a cantálo ben
e se nos saira mal que non se ría ninguén.
Iste Maio que chegou vai ser o mellor da festa
e se ti me dis que non dareiche cun pau na testa.
Non cantamos coma os "bitles", nin coma os "bak estrit bois",
pero berraremos alto, ténsenos que oir en Nois.
E si a alguén lle gusta a copla, que aproveite esta ocasión
é mellor cantálos Maios, que ir a "Eurovisión".
Maio verde, Maio longo, que aventuras nos agardan.
Eu coido que para Xuño xa poderemos contálas.
E prométolles, señores, que o rematar esta copla
iremos todos xuntiños a "toma-la última copa".
Iste Maio que cantamos se a alguén lle parece mal
levarémolo pro Xoves á "Parodia Nacional".
Xa non cantaremos mais, por este ano vai ben,
o que queira oir mais canto que poña a "Cadena 100".
É un placer pra todos nós vir aqui cantálos Maios,
nunha man a pandeireta, noutra o "cubata de Larios".