A GAITA: "Garda a gaitiña gaiteiro, vólvete a tocar pra aldea, que os vilegos desleigados xa estoxan a muiñeira"... escribiu nalgún tempo o poeta Leiras Pulpeiro. Hoxe, gracias a Deus, a música galega e a gaita acadan os máis grandes éxitos en calquera parte do mundo. Agardemos que sexa así por moitos anos.
PARTITURAS: Algunhas das miñas partituras compostas para unha ou dúas gaitas. Por se a alguén lle interesa aprender e tocar algunha déixovos aquí os arquivos en formato ENC (programa encore) para poder baixalas e escoitalas.
ACORDES: Este apartado está dedicado a todo aquelo que teña que ver coa guitarra. Os meus temas, as miñas cancións preferidas con acordes para guitarra, apuntes acerca do instrumento e moitas cousas mais.
APUNTES: O meu camiño nos eidos da música, un percorrido pola miña historia musical desde os primeiros grupos que formamos nos anos oitenta ata hoxe. Recortes de prensa. Carteis de festivais e festas onde escoitaron a nosa música. Comparsas, foliadas, troulas e demais.
TRADICIÓN: Neste apartado atoparedes algunhas cousas sobre a música galega. Instrumentos, músicos, pezas e outras cousas relacionadas coa música tradicional da nosa Terra.
ALGO MÁIS: Os meus grupos e artistas preferidos tanto na música tradicional como no resto dos estilos: Fuxan os Ventos, Milladoiro, A Quenlla, Carlos Núñez, Cristina Pato, Susana Seivane, Pepe e Suso Vaamonde, Flaco Jiménez, The Beatles, Dire Straits, Carlos Santana, Estopa, Coti, Amaral, Fito e moitos máis.