UN LUGAR: O Barrio dos Muíños, onde tódalas mañás desperto e escoito baixar o río, onde a Ponte do Pasatempo aínda lembra aquel xemido que a dona do Mariscal botou ao vento xa hai anos, cando escoitou as campás que anunciaban ao compás a morte do seu marido.
UN POBO: Mondoñedo, o meu pobo, fermoso val que se agocha entre montes verdecentes, onde residen folgueiras, castiñeiros, carballos e pinos. Regado polas transparentes augas do Valiñadares e do Cesuras.
UNHA XENTE: Familia, amigos, veciños, coñecidos e tamén o can, que hai xentes que se portan como animais e animais que te tratan mellor que algunha xente...
UN SON: Unha viaxe pola historia musical da zona a través da fotografía. Grupos, orquestras, gaiteiros, bandas, orfeóns...
UNHA HISTORIA: Antigas fotografías de Mondoñedo, a "Muy Noble, Leal y Fiel Ciudad". A terra de Pascual Veiga, Noriega Varela, Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro e tantos outros.
UNS RECORDOS: Algúns deses momentos que quedaron retratados nun cachiño de papel e que de vez en cando nos presta volver a ollar.